Hoxe denantes de todo, imos ter unha fermosa visión do que esta acontecendo agora na Galaxia, e por ende no noso Sistema Solar: un fermoso e agarimoso canto esta xurdindo no corazón da Galaxia, xusto agora niste intre escomenza a súa vibración sonora e antes dista vibración sonora foi semente que se imitiu dende o silencio e o vacio(vacuidade).
Agora iste canto esta espallandose a velocidade do son e a velocidade da luz, xa que é Luz, é Xeometría Sagrada, é Amor, é Ledicia.
Por muito tempo, iste canto permañeciu agardando ser activado e xusto niste tempo muitos seres galácticos e terricolas co seu sagrado canto, co seu sagrado silencio e co seu coñecemento da realidade, activaron iste poder reconector da Vida na súa Xeometría-semente e estase a escoitar xa preto do noso sistema por resoancia e nos vindeiros días, farase moi audibel e sentirase nas mentes abertas e espertas.
Sentirase como un canto de ledicia, de Sagrada e Vital Ledicia. Om!
Son Sanat Kumara emitindo istas novas para que cheguen ao Corazón do Círculo Sagrado Gallaecia e eisi, a todolos corazóns que axudaron a facelo posibel. Om, Om, Om. Gracias, gracias, gracias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario