A Iniciación en Fisterrae somentes se pode acadar tendo todalas iniciacións nas Montañas Sagradas, onde se sanan e activan todolos vortices preparando o corpo vibracional e luminico axeitadamente, para recibir ista Iniciación.
Sen a Iniciación en Picosagro, O Pindo, Templo do Son Sagrado, Templo do Sol e da Lúa e Templo da Visión, non é posibel acceder a ista Iniciación xa que ningunha mente nin vibración a resistiria e ademais non quedaria imprimada a información precisa, que se achega e prepara coma quen di para ser escrita e codificada, cas anteriores Iniciacións.
Non é un capricho ou unha obriga, nin tan siquera marketing. Non, é algo preciso para que teña efectos a curto,medio e longo prazo.
Ista Iniciación activa unha Xeometría especifica e codifica a información para atravesar portas e vestirnos de "pilgrinos do infinito, pilgrinos da Terra Pura do Oeste".
Conten o canto e o son precisos para "chamar as portas do ceo" e nun intre de gozo, coñecer ise Paraiso dos Budas e dos seres ceibes. Om!
Ista Iniciación abrirase por vez primeira no escomenzo da primaveira e somentes se dara nistas datas unha vez ao ano.Tomara todo un día e darase na Montaña-Rocha-Cova Sagrada da Deusa, que decote foi a depositaria dista Iniciación.
Ao activarse un punto dimensional, fixo que a Xeometría Iniciatica tamén se abrira e activara, e agora conten toda a información para ser unha barca por onde traspasar aos seres, mais ala de si mesmos e imprimalos con unha información única e poderosa para ser Pilgrinos dos Camiños da Terra, dos Camiños do Ceo.
Terra e Ceo son unha ÚNICA REALIDADE, non hai Terra non hai Ceo, soio a Vacuidede que conten a Terra, conten o Ceo como Unha Única Realidade e a visión dista Realidade é a codificación dista Iniciación: activa os pes vacuos, os pes con as para percorrer o Oceano de Luz a busca do "Camiño Roxo" e petar forte as portas diste Paraiso Roxo-dourado. Om!
No hay comentarios:
Publicar un comentario