Navegando...


viernes, 9 de octubre de 2015

ABRINDO E ACTIVANDO A XEOMETRIA-TEMPLO INICIATICO EN CAMPO STELLAR

Hoxe(xoves, 8 de outubro), activamos no Monte Viso unha porta dimensional moi fermosa e o activala quedou a vista a Xeometría-Templo Sagrados Iniciaticos: a Porta do Paraíso Celeste, as esqueiras ao Camiño Stelar ou Camiño Galáctico.
Eiqui estaba un dos lugares mais soñados polos "pilgrinos do ceo", polos pilgrinos das estrelas: lograr pasar ista iniciación para marcar na súa memoria vibracional como acadar iste camiño e camiñar por il. Eiqui esta o primeiro paso, a primeira etapa e ten a forza para impregnarnos con ista Xeometría Informativa, que unha vez que deixemolo corpo fisico, nise instante xa somos pilgrinos do ceo, do camiño stellar. 
O obxetivo do camiño da terra: chegar eiqui, acadar e pasar ista iniciación para preparala equipa para cando deixemos todo e regresemos so ca memoria, co mapa e ca información precisa para camiñar o camiño do gozo, o camiño soñado.
Non hai mais segredo, eiqui esta a Xeometría, que ainda hoxe motiva aos seres chegar ata eiqui, ainda ten a forza de espertar camiñantes, guerreiros e atravesar montes e rios, desafiar as dificultades...porque ista memoria decote estivo eiqui...gardada pero estivo.
Agora voltou e voltou para quedarse.

Eiqui na curota do Viso, a Montaña Sagrada de Campo Stellar (Monte Gaias foi sacado do seu sitio e convertido en escombros), vemos o Círculo Sagrado de Montañas Sagradas en todo o seu contexto, con todolos seus Templos Iniciaticos e podemos dicir que iste é un Círculo Sagrado de Estrelas e de Gozo.
Hoxe espertou o Camiño Galáctico e voltara a ser percorrido por seres que o soñaron, que diron os pasos iniciaticos para entrar nista porta e se non é nista vida é cos ritos de paso, que se abrira para darnos a benvida ao Camiño do Gozo e da Ledicia, o Camiño de Estrelas, e ser xa un camiñante galáctico.
So debe pasar cinco iniciacións en cinco Montañas Sagradas: Picosagro, O Pindo, Coto de Loxo, Castro de Sta. Mariña e Pena da Vella o que é o mesmo, Templo Iniciatico Corazón Iluminado, Templo Iniciatico da  Memoria, Templo Iniciatico do Son Sagrado, Templo Iniciatico do Sol e da Lúa e Templo Iniciatico da Visión Sagrada, onde paso a paso acado sanación e logros.
A primeira Iniciación (no Viso), farase no ano 2016, un ano 9 e xestador.
Ista Iniciación farase eiqui mesmo nista Montaña Sagrada e no momento vibracional axeitado.

Ledicia Om! Ledicia Om! Ledicia Om!
(Inspirado por Viso, o Iniciador dista Montaña Sagrada xunto con Sanat Kumara. Om! Viso era algo eisi como o Mestre Iniciador do Camiño Estelar e ten a mesma faciana que lle puxeron ao apostole Santiago, de xeito cando o vin pensei nil...eisi que Mestre Mateo copiou a historia para contentar aos inquisidores e traelos seres eiqui para ver ao Mestre Viso que co tempo foi esquencido e venerase como Santiago)


No hay comentarios:

Publicar un comentario