Hoxe eiqui activouse a Xeometría Iniciatica de Fisterrae ao abrirse unha porta dimensional que a protexia. A Porta Dimensional Vacua, gardada pola Gardiá do lugar e dista Porta-Xeometría Sagrada Iniciatica, que dende a inquisición permañece oculta e pechada esperando polo "hoxe".
Agora ista Xeometría permite levar adiante as iniciacións que decote se fixeron eiqui, niste lugar por Sanat Kumara e a Gardiá diste Lugar Sagrado.
Hoxe é un día fermoso e doce: a Galaxia emite cantos de ledicia celebrando iste intre, o agora eiqui hoxe, pois ista Iniciación conten a vibración que o espritu dos seres e a súa mente precisa para acadar a forza e a decisión axeitadas, para rachar os velos da iñoranza e traspasar a "barreira sen porta" a outra orela, ao coñecemento da Realidade do Universo para acadar a liberación definitiva e reñacer nun loto no Ceo do Oeste, o Ceo Roxo do Oeste, a Terra Pura Roxa de Amitaba. Unha porta que se traspasara con ista Iniciación e imprimara nas mentes iniciadas o obxetivo de por que estou niste planeta e para que.
A resposta é a Terra Pura do Oeste para o que "chamarei as súas portas"(as portas do Ceo do Oeste), con ista Iniciación, xusto eiqui no Templo Iniciatico da Deusa Mei gardada pola Gardiá de Mei, chamada Meina que vela, velou e velara iste lugar e ista Iniciación ata o fin dos tempos Om!.
No seu momento axeitado realizarase ista Iniciación, seguindo a tradición e os pasos precisos para levala adiante niste lugar hoxe nomeado"hermida de guillome", que por certo o tal Guillome estivo eiqui a busca da Iniciación e recibiuna, pero iste lugar é un Lugar Sagrado da Deusa Mei e a súa Gardiá Meina, e seran elas xunto con Sanat Kumara, quenes leven aos seres a traveso dista Xeometría Sagrada as "Portas do Ceo do Oeste"Om!
No hay comentarios:
Publicar un comentario