Hoxe pola atardecida danzaremos no Pindo unha danza de celebración a Lúa Chea de Novembro.
É unha danza especial da lúa alumeando as profundidades do ser e espertando os lados escurecidos polo medo a reñacer en novas dimensións do espritu.
Traeremos luz e ledicia o Circulo Gallaecia a traves do Templo que garda a memoria do coñecemento mais anceial fluindo agora para traer paz e amor as "Terras do Misterio".
Danzaremos ca Lúa e para a Lúa. Ela sera "a estrela"brilando e danzando. Vestiremonos co traxe mais lueiro para agasallar a invitada da danza: nosa lúa mais dourada, mais lumeosa e mais fermosa do ano, pois é unha lúa que acontece creando fermosura e ledicia no seu camiñar.
POR TRES DIAS É BEN MIRALA, AGASALLALA E LOUBALA pedindolle fermosura, beleza para os nosos corazóns e o corazón do mundo sabendo que "a beleza salvara o mundo". Oremus por isto. Amén.
No hay comentarios:
Publicar un comentario