Polo mesmo é preciso estar atentos alentando conscentemente istos fluxos, integralos no noso ser sabendo que a dúvida vai a poñer a proba as nosas conviccións e os nosos própositos, vai a poñer a proba as conviccións e propositos grupais.
Polo tanto é un intre de cambio xa que o que semellaba lumeoso e claro xa non o imos a ver así, imos a ir mais ao fondo da visión superficial, mais ao fondo do acostumado e a nosa maneira de vernos e de ver, vai a ter unha "pequena crisis de medra" arriscando en "ver" o espeso que decote nos negamos ver, tanto en nos como nos outros.
Os lideres grupais, polo tanto, seran examinados minuciosamente.
Danzaremos no Pico Sagro ao atardecer, e realizaremos un ritual alí para traer ao Círculo da Vida, a forza e a convicción do cambio real e activo.
AS 17:00 H ESTAREMOS NO PICO SAGRO( Pregase a puntualidade xa que agora a noite cae axiña).
No hay comentarios:
Publicar un comentario