Navegando...


jueves, 2 de octubre de 2014

ARRANXANDO A 3ª GRANDE INICIACIÓN NO CÍRCULO SAGRO GALLAECIA


Agora co Templo da Visión arranxado para abrilos ollos do Ser, imos dar unhas curtas notas sobre ese lugar meigo e  a súa mestra-garda-iniciadora, TERA.
Tera é mestra de Shambala e practica o sagro cometido de iniciar na Visión no Templo chamado"Pena da Vella", dende o principio dos tempos da creación do Círculo Sagro Gallaecia, que se remonta a Lemuria.
Tera é infinitamente sabia e dulce, o seu amor e compasión polos seres levouna a viaxar ata eiqui e permanecer nos tempos escuros mantendo o Templo
acendido, protexido e gardado, ata que un día un cristal de amatista levou un aviso grabado nel. Algo así coma" hola, espertade, abride voso ollo gardian...chegado é o novo tempo, vela ahí a nova garda dos misterios que vos ben dar esta nova...voltamos o Agora..."; máis ou menos este era a mensaxe.
O Templo abriu o seu gran ollo desexoso de contemplar o ser que portaba esta nova.
Mais tarde precisouse facer activación con Xeometría Sagra e abrir portas e Sanat Kumara activou e abriu enerxeticamente o lugar iniciador co seu cometido para o Agora.

Hoxe fixemos eilí unha maravillosa Iniciación, a 1ª diste tempo e Tera foi a mestra de ceremonias. O Templo xa esta listo, purificado e bendito.
Agora resta so esperar o intre para traer os seres a espertar o potencial da Visión, onde se lles activaran e abriran diversos chacras para ver en varios niveis: velo camiñar, velo sanar, vela Realidade, ver dende o corazón...
Este traballo levarase adiante na que sera  a 3ª Iniciación.
 A máis longa e que completara a activación de todolos chacras do Ser. Os 14 chacras quedaran activados e abertos para sempre nos seres que realicen estas 
 tres iniciacións.





A 3ª Iniciación contara con varias etapas. Ista, en Pena da Vella, é unha delas.
Cando se cheguen a completar todolos rituais noutros centros ou Templos do Círculo Sagro, estaremos listos para impartir esta Grande Iniciación. As pegadas daranse en intres ritmicos e vibracionais axeitados. Om, Om,Om.


No hay comentarios:

Publicar un comentario