Navegando...


martes, 26 de agosto de 2014

INICIACION NO PINDO PARA ABRIRSE A SANAR CO PODER DAS ESTRELAS

INICIACIÓN EN O PINDO PARA ABRIRSE A SANAR CO PODER DAS Estrelas e espertar este potencial adormecido en nos por seculos de separación, esquecemento e dor.
Esta Iniciación é precisa para todos os seres que desexen remembrar e activar  o seu  poder automenciñeiro e menciñeiro, e dicir para sanarse primeiro a si mesmos e logo desenvolver o potencial para axudar a sanar a outros seres, animais ou persoas.
Esta memoria dorme en vosoutros no voso intestino a nivel físico. Hai unha correlación moi poderosa coas estrelas e esta memoria está no vórtice raíz ou base, sinalando o camiño, a orixe o destino.
A alimentación potencia esta memoria e é necesario, o igual que na  Iniciación Pico Sagro, prepararse con unha dieta que favoreza a memoria, aquí  recomendanse 10 días.
Os 10 días que dura a  Iniciación liberar o corpo de todo producto animal, que actualmente vos nutre con moita dor, que xunto ca vosa, densifica os velos que ocultan ou bloquean a memoria.(Dende o día antes da 1ª parte ata un dia despois da 2ª alomenos)
A dor ten este potencial.
Perante a Iniciación, por suposto, a dieta sera frugal pero suficiente para levar adiante a actividade necesaria que se necesita levar.  Recomendase así mesmo nos días seguintes a recibila, manter a dieta sana e libre de productos o subproductos animais, para que a memoria e a vibración estelar aflore.
Recomendamos manter esta dieta de por vida para ser un bon ou boa menciñeira ou menciñeiro, ainda que sabemos que non é fácil no voso mundo; estades ainda mal vistos e socialmente discriminados, pero o xeito esta lacra  irase borrando e chegara un tempo que sera tan normal como outra maneira de comer, como por exemplo o é na India, por dicir un país onde non comer animais é unha bendición e un respeto a estos seres.
Ben, por suposto non tomar bebidas alcohólicas nin excitantes, levar unha vida ordenada e tratar de vibrar co  Espíritu que vos anima.
Seria moi bon practicar O SAGRADO RITO DE RESPIRAR CONSCENTES na  soidade do silencio interior, tranquilos e sentados na forma axeitada a cada quen. Respirar 15-20 minutos diarios é unha boa escolla e se pode ser por la mañan en aunas, mellor e repetir a  noite antes de ir a dormir ou cando poidades. E óptimo para recibir esta Iniciación.

Eu Mesmo Sanat Kumara, impartirei esta Iniciación en O PINDO, o igual que a imparto en PICO SAGRO.
 SON O INICIADOR DO MUNDO e estas Iniciacions son para min moi preciadas e queridas, pois é un traballo maravilloso que realicei ao longo dos tempos dende Lemuria, e amo seguir levándoo adiante nestos tempos de primaveira  no Planeta Terra. Esta luz do mencer  primaveiral, esta anegando as  vosas vidas e mudándoo todo. 
As resistencias son  nunhos casos moi violentas  e noutros casos moi suties, pero  estánse dando en case todos vosoutros pola densidade dos vosos corpos físicos e pola  carga dos vellos tempos escuros.
Así hirmans tede pacencia con vos mesmos e a teredes así, co  resto de seres alonxados da vibración do espíritu e da luz do coñecemento liberador.
Esta 2ª Iniciación que impartirei aos seres que xa recibiran a  1ª, sera unha pegada máis no seu quefacer aquí e agora na Terra, e no  futuro nas vidas que aquí leve adiante, unha chave para acceder a unha maior e mellor mestría e sanación.
Primeiro deberedes aprender a ser os vosos propios mestres para logo ser mestres de outros seres aquí na Terra. De niveis Solares ou Galácticos e incluso Intergalacticos non falaremos. Aquí e agora estamos na Terra e o noso cometido é a liberación do erro e da  iñoranza. Soio cando isto ocurra, alcanzaredes a mestría en vosoutros e por ende pouco a pouco vos iredes instruindo para ser mestres o nivel de cada ser e os seus potenciais, dos demais seres.
Esta 2ª Iniciación é unha pegada máis neste camiño e potencia as vosas raíces terreno-estelares, xa potenciadas pola 1ª Iniciación en Pico Sagro, Templo do Corazón e da  Xeometría de Vida e de Luz Amorosa e Menciñeira, Reconectora do Espíritu.
O  Templo O PINDO reconecta co  poder sanador e menciñeiro.
Unha vez recibida A Iniciación Pico Sagro-Shambala, debe pasar un tempo sagrado de renovación e oración para deixar aflorar o Voso Sagrado Espíritu. Unha vez pasado un tiempo dunhos tres meses, estades preparados para esta nova iniciación, sempre e cando resoe en vosoutros esta Terra Sagrada, bendecida polas estrelas e cal Camiño de Leite, Camiño Nutricio, Camiño da Deusa,  debuxase no ceu o igual que na  terra e que os vosos anceios,aliados con nosco, glorificarón estos TEMPLOS NATURAIS con Escolas Iniciaticas do saber e desenrrolo espiritual.


Aos que accedan a estas Iniciaciones, saberán que abren a Roita cara o Ceo Liberador e Santo Aquí  Nesta Terra, e que esta Roita esta bendecida por Shambala, por A Gran Mai e por Todos Os Budas de Todolos Tempos. Amén.
I

No hay comentarios:

Publicar un comentario