A terra esta inmersa nunha cambalaxe brutal, o vello xeito de ser e de facer cos seus programas e esquemas xa non ten sitio, non é util para ninguen, nin tan siquera para os que os promoven, por iso estan tan aterecidos de medo.
Na fondo de si mesmos saben que chegado é o tempo de deixar tras de si isto, e en ves de facelo con humildade, dignidade e xenerosidade, xusto fano adrede do reves, con mais poder e forza ruin.
Hoxe é un dia "chave mestra" para a humanidade, no senso de que o vello arde no lume do novo sol, e as suas zinzas caen simbolicamente no vacio da inmensidade, deixando un sitio de tempo e de vida onde o novo semella ainda bocexando, e o vello xa non rula.
Hoxe esa conscencia é moi forte, hoxe debemos respirar a magoa que supon para moitos seres despoxarse dos vellos xeitos patriarcais de explotación e oprovio.
Hoxe estamos no tempo onde a roda semella non xirar e onde a vida semella tamen non ter fuelle ou forza, non entanto é o reves xa que hoxe, agora o vello o fin cae inevitavelmente.
Dende hoxe todalas guerras, loitas, maldades ollaranse como pantasmas espetrais decindo adeus, ollaranse como o que son: pantasmas, mentiras, maldades.
Dende hoxe é importante ter na conscencia de que alentamos a nova semente tentando xermolar pequenas e suties raiciñas, e co noso alento, o noso sagrado rito de alentar conscentes cada día, cada intre, daranlle forza a esas raiciñas, para que aganchen con forza na terra, furando no vacio e teñan valor e coraxe de tentar furar e furar...ata que esa forza as faga nadas, reñacer en pequeniñas e suties folliñas.
SOIO CO ALENTAR CONSCENTES NA UNIDADE DE MOITOS SERES, tornara
posivel que estas suties sementes semiadas por todolos sitios cheguen a agromar. Se cadra moitas delas non agarran pero con que soio unha pequena porcentaxe delas agarre, pode ser abondo. Esta porcentaxe fai falta porque non importa tanto a cantidade como a calidade, dende logo ambalas duas contan, cantas mais sementes logren mencer, a muda sera mais doada, non entanto é importante, moi importante poñer na conscencia hoxe, a necesidade de PREGAR ALENTANDO CONSCENTES CADA DIA.
Hay outros xeitos de pregar que tamen axudaran como a danza, os rezos e salmodias...pero o alentar e de certo necesario para dar alento a estas pregarias-sementes que danzan por todolos lados a vusca de terra fertil para ser vida nova, tempo novo nun mundo enfermo a vusca de axuda e de paz. Amén
No hay comentarios:
Publicar un comentario