Por iso as nosas montañas foron consagradas e depositarias dunha xeometría iniciatiaca, e conservan isa programación, isa xeometría xa activada o seren de cuarzo. Por iso é que decote pregamos e danzamos a lúa, porque ela é o arquetipo gardián da Terra que decote, noite tras noite alumea en maior ou menor cantidade, cal centinela lembrandonos quen somos e a codependencia, porque namentras o corpo durme, as súas mensaxes... as mensaxes que ela atrapa provintes do sol central, reververan e chegan a nos, e chegan actuando na sangue, nos mares...Ela fai que poidamos vivir por iso, pola súa información nos océanos e na nosa sangue.
Enton os nosos centinelas da noite nas nosas Montañas Sagradas, alumean con ela xunguidos como están gardando o Sagrado da Vida, o Sagrado da Noite, o Sagrado Om...!
Temos dous centinelas no Pindo, son chamados os colosos, os xigantes...O Penedo do Bigote e O Penedo da Cabeza Redonda...Iles alumean na noite ca lúa, iles son faros da Montaña e centinelas recollendo o vibrar da lúa e o vibrar do océano nesa xuntanza, nesa danza nocturna que decote acontece rítmica e ciclicamente.
A lúa cantalle o Océano e o Océano devolve ese canto a lúa envolvendo así a Terra, chegando a nosa sangue, o noso subconsciente e impulsanos a vida sendo CO-DE-PEN-DEN-TES.
Sen lúa non haberia vida, por iso está. Sen lúa o igoal que sen sol...a Terra non seria habitat para seres viventes...A Terra así toda ela é un Circulo Sagrado que algún día recordara e toda ela...e cando digo toda ela...digo as súas montañas, os seus ríos, os seus mares tomaran vida porque os seres que teñen unha mente libre, recoñeceran "Que Son", e xurdira un Om Planetario. Nise intre pasaremos como planeta a outra dimensión onde a vida tornara a outro son mais doado, mais doce...O que agora acontece sera como un soño, un mal soño.
Conto isto, porque no Circulo de Montañas Sagradas, gardamos un tesouro: o tempo no que acontecera ise Om Planetario creando unha Xeometría de Unidade, O Circulo Sagrado Planetario...Nos temos ese Xerme xermolando e semearemolo decote en cada iniciación, en cada danza, en cada peregrinación a istos lugares sacros.
Pregovos teñades isto no voso corazón o igoal que o teño eu, que sexades doces co iste vibrar e iste sentir diste añaquiño de ceu, que por milleiros os nosos anceios gardaron, coidaron e alumearon ata chegar o hoxe...Onde voltaron a acender a súa chama activando a súa Xeometría Sagra, os seus cantos e O Xermolo do Om Planetario, O Circulo Dourado que nos abrangue hoxe e decote. Om!
Gracias amigos e amigas, celebremolo pois festexando no noso corazón ista lembranza...A Danza do Corazón Xunguido que latexa en todos nos cada intre. Sexamos ledicia Om!
Amén, amén, amén.

.jpg)
.jpg)

.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario