Escrebimos hoxe eiqui enfronte do Paraiso Herculino, onde Hercules foi atraido polas mazans roxas douradas, que conteñen o elixir da vida e da morte, da morte e da vida...hoxe iste Xardín abriuse os meus ollos. Apareceron as mazanceiras cargadiñas das Mazans Sagradas e as Gardians das mazanceiras, regalaronme unhas poucas e un fermoso canto distas fermosas donas, enchiu o Oceano e enton o Gran Deus Herculino cos raios do sol na sua cabeza enchiu iste Oceano...por iso a Crunna ou Coroa solar de Hercules.
Ao chegar eiqui hoxe, unha chispa sinaloume o lugar ao igoal que onte no Monte Teugra...onte entrou a chave a primeira, hoxe fixoo a terceira.
Foi doado camiñar como unha Raiña oa longo diste pasadizo ata a porta do Paraiso Herculino, accionar ista porta-menciña e contemplar a beleza vibracional no que de supeto, todo o entorno se transformou.
A Torre era un fogar de lume sagrado ardendo decote e os romans fixerono practico...si, sera lume alumenado as bretemas feiticeiras e sagras, pero alumeara os nosos barcos enchidos das riquezas alleas, que queremos ter para conquerir o imperio.
Hoxe eiqui todo se fixo luz...Teugra a Gardiá do feminino ao Sul por onde Hercules se asoma no ceo ala pola primaveira, activou ista enerxia e reconectouna co lume-Torre Herculina(prendeulle lume onte ao chegar eiqui a espiral activada eili).
O lume prendiuse e dixolle a porta que de novo esta eiqui O Círculo Sagrado Gallaecia como foi decote. Soio restaba poñerlle a chave e accionala e esperar para ver o paraiso...dispois ofrendar a pandeira e unha fermosa pedra do Picosagro para recibieren a menciña do paraiso e das súas mazans co elixir da vida-morte, da morte-vida, e dicir da inmortalidade ao igoal que Hercules , que por iso debiu achegarse ata eiqui para atopar iste paraiso e recibir o don da inmortalidade, que soio un corazón claro e disciplinado, pode recibir...e dar. Om!
No hay comentarios:
Publicar un comentario